Henri Jacob Victor Sody
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 A Haia, Países Baixos |
Morte | 16 de xaneiro de 1959 (66/67 anos) Ámsterdam, Países Baixos |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo |
Heri Jacob Victor Sody, chamado Han polos seus amigos e colegas, nado na Haia o 31 de agosto de 1892 e finado en Ámsterdam o 16 de xaneiro de 1959, foi un zoólogo neerladés que traballou durante moitos anos nas Indias Orientais Neerlandesas, e despois en Indonesia, especializándose no estudo dos mamíferos daquelas illas (rinocerontes, roedores e primates, sobre todo), describindo por primeira vez para a ciencia diversas especies, entre elas o tarsio de Peleng (Tarsius pelengensis).
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Sody emprégase para recoñecer a Henri Jacob Victor Sody como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Becking, J. H. (1987): Hernri Jacob Victor Sody (1892-1959). His Life and Work. A Biographical and Bibliographical Study.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|